- Editorial:
- EDICIÓNS XERAIS
- Año de edición:
- 2024
- Materia:
- Infantil/Juvenil
- ISBN:
- 978-84-1110-535-4
- Páginas:
- 74
- Encuadernación:
- Rústica
CURRIÑO. BENVIDO AO EQUIPO
COSTAS, LEDICIA
Curriño leva días con cara de can, no peor sentido: botárono da súa mansión, tivo que rebuscar no lixo e segue sen recuperar a súa preciosísima melena! E esa carracha tan pesada continúa suxeita ao seu pescozo. Vaia desastre!
Ademais, as rúas están cheas de perigos. Por exemplo, King Kong, o terrible can dos ladridos potentísimos que monta garda fronte ao supermercado, e ao que non lle fai ningunha graza que Curriño poña unha pata no seu territorio. Será a axuda dos seus novos amigos, Frecha e Gordon, suficiente para enfrontarse a el?